Música

Niño de Elche

Ciclo Selección Noroeste

Cantaor multidisciplinar e exflamenco, soubo xuntar nas súas variadas propostas artísticas xéneros ou disciplinas como o flamenco, a electrónica, a literatura, a performance, a poesía fonética, o rock, a canción de autor ou a música contemporánea, entre outras. Entre a súa produción discográfica (os álbums “Strates” ou “Sí, a Miguel Hernández”, e o seu proxecto en común con Toundra, a banda Exquirla) o seu último traballo publicado, “Voces del Extremo” (2015), situouno no punto de mira mediático: con el obtivo o Premio Ruído da Asoc. de Prensa Musical e foi disco do ano para medios especializados como Rockdelux, El País ou Radio3. Con este proxecto participou en festivais como Womex, Manchester Jazz Festival, Les Transmusicales, Womad ou Sónar.

O novo proxecto de NIÑO DE ELCHE —dirixido polo artista Pedro G. Romero e producido por Raúl Fernández “Refree”— sorprende baixo o nome de “Antología del cante flamenco heterodoxo”. Composta por 27 pezas, esta antoloxía recolle as influencias flamencas do cantaor reinventadas en crebacabezas sonoros.

Prezo: Principal (fila 1): 8€ / Principal: 11€ / Palcos laterais: 14€ / Palco central e platea: 18€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 13 de Decembro de 2018 | 20:30