Humor

NO SE HA HECHO NADA IGUAL (POR ALGO SERÁ). UN ESPECTÁCULO ATROZ DE PEPÍN TRE Y PEPE COLUBI

Dous homes dispersos e un destino incerto. Dous individuos sen futuro coñecido. Dous tipos con pouco oficio e ningún beneficio. Un nenúfar solitario e un lustroso ignorante. Un toca a guitarra e o outro amosa diapos. Ese é o nivel desta función. Mellor explicarse que seguir divagando. Isto merece, sen dúbida, un punto e aparte.

En decembro de 2008, Pepe Colubi apuntouse a unha excursión comercial que incluía traxecto en autobús de Barcelona a Lloret de Mar, almorzo, agasallos e toda unha tarde de asueto coas actuacións do solista Luis Aguilé e o humorista Marianico el Corto. Colubi, que vive so e non ten amigos, non dubidou en entregarse ao xubiloso hedonismo da terceira idade. Na primeira parte deste show, relatará os sucesos alá acaecidos e, para que ninguén dubide da veracidade do transo, acompañará o seu trémulo discurso coas fotos que certifican aquela ousadía.

Pero non se vaian aínda, que hai máis. É certo que Pepín Tre tamén se achaba naquela festa tola? De verdade o esqueceron nese hotel de costa? En serio o abandonaron á súa sorte? Son demasiadas preguntas, incluída esta? Sigamos: Como puido ganarse a vida durante estes oito anos coa única axuda dunha guitarra precolombina? Inquietante, verdade? Todas esas dúbidas terán a grata resposta que merecen na segunda parte desta farsa nunca vista.

Cartel_PEPECOLUBI_PEPINTRE

Prezo: ANTES 20/10: 10€ (VR) / 15€. A PARTIR DE 21/10: 15€ (VR) / 18€
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +18

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 4 de Novembro de 2016 | 20:30