Humor

Noites de estrelas

A Viradeira Producións

A Viradeira Producións presenta o seu novo show de humor e musical “Noites de Estrelas” cuxa xira galega se estrea no Teatro Colón da Coruña, e faino da man de catro mestres do humor galego e nacional: Isi, Patricia Vázquez, Manuel Manquiña e Sergio Pazos. Por primeira vez xuntos nun mesmo escenario protagonizarán os 4 monólogos máis esperados da tempada. O resultado será un vertixinoso espectáculo de hora e media de humor variado, arriscado e entrañable, onde a improvisación, o xogo co público e a ironía xogarán un papel importante. Abrirá e pechará o espectáculo a orixinal formación musical The Funkles. Trátase dunha banda tributo cuxo amor por The Beatles e os ritmos funk, soul e jazz levounos a crear un universo sonoro e único que sorprende e fascina a todo o que os escoita. A traxectoria de The Funkles foi meteórica participando en varios festivais nacionais e internacionais, que os levaron a actuar en países como Rusia, Inglaterra, Portugal ou Finlandia. Valo perder?