Cine

Norte Cinema Diverso | Espejismos e Homofobia de estado

DE FESTIVAIS: NORTE CINEMA DIVERSO

 

Convidadas: Richard ZubelzuMagda Calabrese.

19 horas

  • ESPEJISMOS, de Alfonso Palazón Meseguer (24´)

Desde a contorna dun non-lugar varios refuxiados falan sobre a súa situación, de onde viviron e os seus soños. É un encontro para compartir os proxectos non cumpridos. Forman parte dun grupo de refuxiados especialmente vulnerables que non teñen elección.

  • HOMOFOBIA DE ESTADO, de Richard Zubelzu (52´)

Neste documental damos voz aos activistas guineanos LGTBI Ángel e Gonzalo, que dan testemuño da persecución que sofren no seu país as mulleres e as persoas LGTBI e a dificultade que é “saír do armario” xa que supón un tabú dentro das familias.

Unha violación dos Dereitos Humanos por parte do actual réxime do país, que nos lembra tempos pasados vividos en España. Xa que en Guinea Ecuatorial (que foi colonia española ata 1968) aínda está vixente a lei franquista de Vagos e Maleantes onde é preponderante o papel da igrexa e mesmo levan a cabo terapias de conversión.

Neste documental tamén facemos unha comparativa dos dereitos LGBTI+ de Guinea Ecuatorial con España, como evolucionaron, a posibilidade de retroceso, etc. co testemuño de activistas españois, políticos etc.


 

21.30 horas

  •  17 MINUTOS CON NORA, de Imanol Ruíz de Lara (19´)

Nora é unha moza que, por encima de todo, desexa que o seu pai a acepte tal e como é.

  • PEDÁGIO, de Carolina Markowicz (1h 41´)

Suellen, empregada nunha cabina de peaxe, decátase de que pode utilizar o seu traballo para conseguir diñeiro extra de forma ilegal. Pero faino só por unha causa nobre: enviar ao seu fillo a un custoso taller de conversión gai dirixido por un reputado sacerdote estranxeiro.