Teatro

O Candil

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A Escola Galega de Teatro Musical produce o seu primeiro traballo profesional, O Candil, un musical galego. Baseado nas historias do cancioneiro galego, este musical, que se acaba de estrear, pretende lembrar a figura da muller galega de principios do XIX.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 20 de Marzo de 2020 | 20:30

SINOPSE

Carmen, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento. Esta ve nas dúas mulleres boas calidades artísticas e invitaas a participar no seu show. Carmen e Marica acaban aceptando, case perdendo de vista o propósito oculto que as levou ó teatro.