Danza

O lago dos cisnes

Ballet Moscova

Que contribúe no mundo da danza clásica a que O Lago dos Cisnes sexa o ballet máis apreciado de todos os tempos? Por máis que a súa feiticeira historia percorre toda a gama de emocións humanas, o consenso popular inclínase a sinalar a música de Piotr I. Tchaikovsky, “o máis admirado compositor de música de ballet na tradición clásica que xamais existise”, como o maior responsable, por estar repleta de ricas melodías moi apropiadas para danzar, e sumamente belas e agradables de escoitar. Por outra banda, comezando polas notas do tema melancólico e misterioso do oboe, que anuncia a presenza da princesa-cisne xunto ao lago, os ritmos, xa sexan rápidos ou lentos, inspiraron (e aínda inspiran) coreografías líricas, fluídas, e ata un tanto dramáticas -se se quere- que ofrecen gran oportunidade de lucimento aos intérpretes. Cos mellores solistas rusos que integran a compañía na que destacan Cristina Terentiev, Anatolie Ustimov e Alexei Terentiev, na obra máis representada de toda a historia da danza.

Prezo: Platea e Palcos 35€, Principal 25€, Grupos (mínimo 12) 20€.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 22 de Novembro de 2017 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

MÚSICA: Piotr I. Tchaikovsky. COREOGRAFÍA: Marius Petipá – Lev Ivanov. DIRECCIÓN: Timur Fayziev. REPARTO: Odette – Odille: Cristina Terentiev; Príncipe Sigfrido: Anatolie Ustimov; Von Rothbart: Alexei Terentiev; Bufón: P. Raykov; Pas de Trois: M. Zaripova, N. Vorontsova e A. Balan; Catro Cisnes: N. Vorontsova, M. Larina, M. Khrapova e V. Bogomazova; Tres Cisnes: M. Zaripova, V. Lenskaya e D. Ivanenko; Danza Española: M. Motorygina e A. Balan. Danza Noivas: D. Ivanenko (Italiana), N. Vorontsova (Rusa), V. Lenskaya (Polaca), M. Zaripova (Húngara) e S. Shikina (Raiña).