MATINAIS -Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

O último dragón

Sarabela Teatro

O dragón da nosa peza non é un dragón do común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan ao fondo da cova onde vive para acabar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a se mover: “Para que vou eu querer unha princesa? Nin sequera se me ocorrería comer unha cousa tan horrible”, di o xigantesco asombro.

Á princesa Celia tampouco lle chista pasar á historia como a causante da extinción definitiva dos dragóns e, moito menos, ter que ser rescatada por un príncipe. Todos os que coñece son bastante parvos e, desde logo, moito menos hábiles ca ela coa espada.