Ópera infantil

Oca

TEMPORADA LÍRICA DE AMIGOS DA ÓPERA DA CORUÑA

 

Oca é unha pequena ópera pensada para ser interpretada por nenos e nenas, con texto de Gloria Rico e música de Juan Durán. Cunha duración de aproximadamente unha hora, esta obra baséase libremente no popular Xogo da Oca, lo que a converte nunha viaxe iniciática a través de diferentes episodios da vida, desde o comenzo do xogo ata a chegada ao xardín, no que o obxectivo é sempre avanzar.

Amigos da Ópera da Coruña propúxose como obxectivo a difusión e promición dos compositores galegos, especialmente de aqueles que se achegaron ao xénero vocal a través da ópera ou da canción formal. Nesta ocasión a aposta é pola obra de Juan Durán, que aborda un aspecto pouco tratado no xénero lírico: o material específicamente creado para un público infantil. Pero o máis interesante é que a súa execución artística tamén está pensada para público infantil, o que a converte nunha obra perfecta para gozar en familia.

  • Orquestra e coro GAOS
  • Dirección musical: Fernando Briones
  • Dirección escénica: Gloria Rico.