Música

Orquestra Gaos | Lobgesang de Mendelssoh

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A Sinfonía no. 2, en si bemol maior, op. 52, subtitulada Lobgesang (Himno de Loubanza) foi composta por Mendelssohn en 1840 para conmemorar o cuarto centenario da invención da imprenta. A Orquesta Gaos quere festexar os seus primeiros trece anos de vida con este enérxico canto cheo de expresividade da man do Coro Gaos e de tres solistas de luxo: as sopranos Miren Urbieta e Ruth Terán e o tenor Pancho Corujo.

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 29 de Xuño de 2022 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

  • Miren Urbieta | soprano
  • Ruth Terán | soprano
  • Pancho Corujo | tenor
  • Coro Gaos
  • Orquestra Gaos
  • Fernando Briones | director