Música

Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

NADAL NO COLÓN

 

Formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia achega os cimentos da formación grupal necesaria para a práctica da música en orquestra sinfónica. Baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo, a Orquestra Infantil ofreceu o seu primeiro concerto público na Coruña en abril de 2011.

Na presente tempada de concertos, a agrupación musical infantil —dependente do proxecto educativo da OSG e da súa Orquestra Nova— volveuse a presentar en concerto cun ambicioso programa con obras de grandes autores como Johann Sebastian Bach e Gustav Holst xunto con Georg Bohm e Sheila Nelson, que se incorporan así a un repertorio que xa inclúe música de Henry Purcell e Georg Friedrich Haendel.


IMPORTANTE

 

A nova normativa establecida polas autoridades sanitarias obriga aos espectadores de eventos artísticos en recintos cun aforo superior a 200 persoas a presentar documentación que acredite unha das seguintes circunstancias:

-Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

-Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do
Consello de Europa.

-Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

Esta obriga estará vixente dende o 18 de decembro ata o 18 de xaneiro, tal e como recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.html

Prezo: 5€



DATAS E HORARIOS

  • Martes, 4 de Xaneiro de 2022 | 19:00

SINOPSE

Programa Música clásica para orquestra infantil de cordas (Transcricións de SOÓS András e ZEMPLÉNI László)
  • C.W. GLUCK | Coro de “Iphigénie en Tauride”
  • J. HAYDN | Dos minueto
  • J.B. VANHAL | Allegretto, Cantabile y Allegro
  • W.A. MOZART | Danza alemana
Grupo Pizzicato | Despina Ionescu, directora   H. PURCELL | Suite “Abdelazer” (Música incidental para unha obra tráxica en 1695)
  • I. Obertura
  • II. Rondó
  • III. Aria
  • IV. Aria
  • V. Minueto
  • VI. Aria
  • VII. Giga
  • VIII. Hornpipe
  • IX. Aria
P.I TCHAIKOVSKY | Seis pezas do Álbum para nenos (Transcriciónss de DECSÉNYI János e TILL Ottó)
  • Canción da mañá
  • Vella canción francesa
  • Marcha dos soldados de plomo
  • Mañá de inverno
  • O funeral da boneca
  • Doce ilusión
Grupo Arcos | Enrique Iglesias, director