Música

Os sons esquecidos

Abraham Cupeiro

O multinstrumentista Abraham Cupeiro propón con este concerto unha viaxe no tempo a través da música, unha búsqueda das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo, creando un discurso novo e sorprendente.

Durante o concerto, Abraham desprega sobre o escenario máis dunha decena de instrumentos pouco convencionais, algúns deles construidos ou atopados por el mesmo. O elemento central é o carnix, unha trompeta celta de 3 metros de lonxitude, rescatada hai poucos anos grazas a descubrimentos musicóloxicos e levada polo solista a unha nova dimensión.

Prezo: Palcos laterais e VL: 4 € / Principal: 6 € / Palcos centrais: 8 € / Platea: 10 €



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 17 de Maio de 2018 | 20:00