TRICICLE, ‘Bits’

Bits: Posiblemente o último espectáculo de creación de Tricicle Levan 35 anos enchendo teatros, o que se di pronto se non fose porque cómpren 35 anos para poder dicilo. Tricicle enche teatros, sen altibaixos, durante oito meses de cada ano. O seu público abarca todas as idades e condicións, esquecendo os seus prexuízos na porta…

GRAN CONCIERTO DE AÑO NUEVO CON BALLET Y ORQUESTA EN DIRECTO

GRAN CONCERTO DE ANO NOVO 2016 Russian Grand Ballet e  Orquestra Filharmónica de Moldavia. GRAND BALLET RUSO O Gran Ballet Ruso foi fundado polas grandes escolas Rusas de Moscú, San Petersburgo e Kiev. Os principais bailaríns son os máis cualificados das grandes compañías e academias de ballet. Hoxe, o Gran Ballet Ruso é unha institución…

JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS [XOVES DE MUSICA]

Julio Suárez & The Backyards, que ten como compoñentes, ademais de Julio Suárez (voz e guitarras), a Fran Borrego (guitarras), Anxo Seco (órgano Hammond, pianos e sintetizadores), Andrés Saavedra (baixo) e Guillermo Borrego (batería e percusións), conforman unha banda de rock alternativo de evidentes influencias americanas, cunhas raíces que se poderían remontar a Lynyrd Skynyrd…

O CORPO FANTASMA, workshop con Javier Martín

O CORPO FANTASMA | SEMINARIO ARTES DO MOVEMENTO IMPARTE: javier martín Nº PRAZAS: 20 QUORUM MÍNIMO PAR A A REALIZACIÓN DO WORKSHOP: 8 DIRIXIDO A: Todos aqueles que teñan intención de dedicarse á arte en calquera das súas vertentes ou de desenvolver a súa creatividade dun xeito máis amplo (maiores de 16 anos). O Corpo…

PANORAMA KIDS 2

Falar de PANORAMA é falar do fenómeno musical dos últimos anos, unha formación que cos seus espectáculos estivais, revolucionaron o panorama musical nas noites de verán. Forzados polos tempos, a formación realiza as súas actuacións nuns horarios pouco apropiados para o público máis novo, ese é o motivo fundamental polo que xorde a idea dun…

LOS ÁRBOLES en concerto [XOVES DE MÚSICA]

Los Árboles son un grupo de pop-rock orixinario de Galicia que comezou a xestarse a finais de 2010. Neste tempo, ademais de publicar dous traballos, estiveron tocando practicamente sen interrupción e grazas a isto conseguiron que cada vez que se soben a un escenario o público poida gozar dun directo compacto e sen fisuras. En…

NEW YORK SALSA TRIBUTE by ORQUESTA SONORIDAD & MAMBO SINS [XOVES DE MÚSICA]

Somos unha combinación de amantes da salsa, entusiastas da música e apaixonados pola música e a salsa. É por iso que, aínda que as nosas raíces son galegas, iniciamos este proxecto co ánimo e a ilusión de recrear a forza, o ritmo, a cadencia, a expresividade e a sensualidade que transmite ese gran xénero musical,…

NÉSTOR PARDO en concerto [XOVES DE MÚSICA]

Néstor Pardo forma a súa primeira banda en 2004 con só dezanove anos. Lidéraa como cantante, guitarrista e compositor ata 2009. Formación de corte Rock-a-billy, editan 2 álbums e levan o seu show por España e Europa, sendo cabezas de cartel en varios festivais en Holanda ou Alemaña. O carisma de Néstor sobre o escenario…

ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, ‘Ángeles y Demonios’

Concerto promovido polo Ilustre Colegio de Abogados de A Coruña en beneficio da Cocina Económica Artista invitada: Alena Baeva, violín A OCGA culmina o seu 20º aniversario cun concerto cheo de sorpresas no día no que se conxuran todos os espíritos, anxos e demos. Contará coa participación da virtuosa violinista rusa Alena Baeva quen interpretará…

MARCOS MELÉNDREZ BOLERO ATLÁNTICO en concerto [XOVES DE MÚSICA]

MIRANDO AL MAR é un CD de boleros chegados ata aquí dende a outra beira do Atlántico, arrastrados polas súas correntes, interpretados ao gusto das sereas. Temas que falan de amor e desamor, de paixóns que aboian ou afunden entre augas turbulentas, de travesías para corazóns destemidos, afeitos ao sabor do salitre. Un CD gravado…

PATRICIA KRAUS en concerto [XOVES DE MÚSICA]

Patricia Kraus presenta o seu último traballo cun repertorio no que inclúe ademais temas da súa triloxía dedicada á música de raíz. A voz de Patricia Kraus adáptase á perfección a esta selección de cancións, ofrecendo nos seus temas a particularidade de instrumentacións e ritmos radicalmente diferentes ás acostumadas, incentivando a versatilidade da voz privilexiada…