Manuel Vicente e o seu programa de radio Efervescencia son un dos grandes referentes nacionais en comunicación científica. Os asistentes á actividade poderán gozar da gravación en directo do programa, e participar nela de forma activa.

Sesión especial sobre hacks reais a obxectos que nunca deberon estar conectados: xoguetes de nenos, xoguetes de adultos, coches, casas… persoas? Usar bluetooth barato, IoT cutre e malas decisións técnicas sempre acaba en situacións moi incómodas. En resumo: risas, horror e algunha que outra lección sobre ciberseguridade e por que hai límites que a…

O cirurxián español Diego González Rivas loita contra o cancro de pulmón e outras patoloxías en hospitais do mundo enteiro. A súa revolucionaria técnica UNIPORTAL permite operar dentro da cavidade torácica a través dunha pequena incisión intercostal ou subxifoidea usando cirurxía toracóscopica (UNIPORTAL VATS) ou cirurxía robótica (UNIPORTAL RATS).

Divulgadores de primeiro nivel achegarannos á Ciencia a través de charlas curtas e inspiradoras. Contaremos co profesor e divulgador Xacobo de Toro (XeoClip e Meteoxenios), o físico e divulgador Dosi Veiga (Ceos Galegos), a veterinaria e divulgadora Eva Cabanelas (Ciencia Calidade, Xuvenciencia e Xuvenlab), a experta en IA Alba Meijide, e a directora do…

Elemental (Piano-bar periódico) é unha obra de pequeno formato interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. Neste pequeno cabaré portátil mestúrase a música do piano con stand-up comedy, teatro e cancións para contar as historias agochadas detrás dos actuais 118 elementos da Táboa Periódica. Elemental achéganos…

Unha máquina de Rube Goldberg, esa que desencadea asombrosos e divertidos efectos dominó, será montada sobre o escenario aos poucos durante o espectáculo. Esta é a trama. Veremos chegar aos enxeñeiros cos tubos que conteñen os planos da máquina. Cando os vexades voar ou moverse compasados, pensade que o segredo está na física. Soben…

Ao longo da súa historia, a humanidade mantivo unha continua curiosidade en pescudar se o noso mundo é determinista ou o simple resultado do azar. No transcurso desta procura xurdiu a teoría do caos para explicar fenómenos incriblemente complexos, pero modelizables. Nesta conferencia-recital, a pianista e matemática Laura Farré Rozada detalla as múltiples facetas…

Borja Niso presenta por primeira vez na Coruña o seu espectáculo LUDOVICO MUSICAL EXPERIENCE, o próximo 09 de maio no Teatro Colón. Un musical que impactou a máis de 90 mil espectadores de todas as idades. Considerado o mellor tributo a Ludovico Einaudi de España. Tras o gran éxito cultivado durante as súas primeiras 3…

A emisora de radio comunitaria da Coruña CUAC FM 103.4 cumpre 30 anos exactamente neste día, 27 de marzo de 2026. Para celebralo, organizan unha velada moi especial con dous artistas locais de longa traxectoria que presentaron programas en CUAC FM: Silvia Penide e César de Centi. Tamén nos acompañarán Pedro Pastor y los Locos…

Dentro dunha tormenta de néboa, Poncia, a criada de Bernarda Alba, reza pola morte de Adela. A casa sumiuse nun mar de silencio. Poncia fala soa e tamén con elas, con Bernarda Alba e as súas fillas. Un espectáculo imprescindible para quen ama o teatro e a obra de Lorca. Cunha interpretación sobresaliente de Lolita…

Pedro Guerra e Javier Álvarez volven reunirse sobre o escenario para celebrar unha complicidade musical única. Referentes daquela xeración de ‘novos cantautores’ que renovou a canción de autor nos 90, os artistas comparten agora unha xira conxunta onde revisitan temas emblemáticos dos seus repertorios —de Debajo del puente a Amor en vena— e presentan novas…