PANTONE. Ciclo Colón Queer 2017

Nos últimos anos, o cinema e o teatro, apostaron pola visibilidade de historias do colectivo LGTBQ. Pantone fai un repaso de catro pezas teatrais que foron levadas ao cinema e mudaron en referentes de loita da poboación LGTBQ. Pantone é un achegamento á diversidade e ás realidades que se dan dentro da poboación LGTBQ. Filmes…

EU. Ciclo Colón Queer 2017

Todo comeza cunha simple pregunta: QUEN SON EU? Parece unha pregunta doada de responder. Sabemos quen somos cando estamos con amigos, descoñecidos, e incluso cando estamos sós pero…Sabemos quen somos realmente? Vivimos nun mundo modificado por unha sociedade enferma que loita por unha igualdade desexada por moitos pero permitida por poucos. Unha sociedade na que…

AMIGOS ATA A MORTE

AMIGOS ATA A MORTE é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que todos queremos para as nosas vidas pero que como é ben sabido, se se mesturan moitas veces estouran … Nacho, Ángel e María. Dous homes, unha muller… e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son…

SERENDIPIA, do Ilusionista Martín Varela

“Serendipia” é o novo espectáculo do ilusionista Martín Varela. No seu novo show, o mago fai unha viaxe ao pasado do ilusionismo empregando a súa propia experiencia no mundo da maxia. Sorpresa e comicidade co público para presentar un novo espectáculo que impresionará a todos e no que fai unha homenaxe a dous grandes mestres…

VAVÄR EN CONCERTO: GALA XX ANIVERSARIO

Despois de ter teloneado a artistas como Rosendo, Barricada, los Suaves, Reincidentes o Heredeiros entre outros, Vavär presenta na Coruña, a súa casa, o seu novo disco “El viaje de Alexei y Danilovich” nun concerto cheo de sorpresas, no que se mesturan diferentes artes escénicas cun único fin: facer que a noite do dia 8…

LOS VECINOS DE ARRIBA

Unha noite Ana e Julio convidan a cear a Gloria e Brian para ensinarlles o piso e agradecerlles a axuda que lles deron cando se instalaron no edificio. A medida que pasa a noite, Ana e Julio van descubrindo as tendencias sexuais dos seus veciños, feito que lles leva a reformularse a súa propia relación…

FESTIVAL DE CONTA CONTOS EN INGLÉS: GULLIVER’S TRAVELS

Gulliver é un viaxeiro nado e co seu barco chamado Aventura ten viaxado aos lugares máis extraordinarios do mundo. Invitaranos a coñecer Lilliput e os seus habitantes, Balnibarni e o resto das illas e países que o converteron a el e ás súas viaxes nun clásico da literatura.

FESTIVAL DE CONTA CONTOS EN INGLÉS: SUPER RED RIDING HOOD

Carapuchiña Vermella vive nun bosque. Un día, a súa nai mándaa ir visitar á súa avoa para levarlle viño e doces. Polo camiño atoparase cun malvado lobo feroz que fará todo o posible por comelas ás dúas. Así que Carapuchiña terá que conseguir súper poderes para derrotar ao Lobo Feroz.

SOL NEGRO

Imaxe de portada:Lidia Kalibatas Sol negro. O estigma da depresión.  No ano 2014 a Doutora en psiquiatría Silvana  Pujol, publicou o seu estudo comparativo entre poboación médica e poboación en xeral acerca das crenzas sobre a doenza depresiva. Neste traballo titulado; “Estigma asociado a la depresión entre médicos no psiquiatras”. A hipótese que expón a autora…

MAGIA POTAGIA Y MÁS…

Juan Tamariz ofrecerá os mellores números da súa carreira, nun renovado espectáculo cargado de humor, telepatía e improvisación.

ZENIT, la realidad a su medida

Nesta ocasión centramos a nosa mirada nos medios de comunicación. Algo que empezou como unha pluma ou un cincel, co paso do tempo converteuse nunha máquina voraz e inenarrable de éxito e de poder que baixo o imperio das novas tecnoloxías multiplicou a súa produción. O xornalismo que naceu da necesidade de transmitir información vital…

5 y … Acción!!!

A nova e inocente presentadora do Tempo dun telexornal de máxima audiencia tamén é, ‘casualmente’ a amante do presidente do canal de televisión. Marisol (Marta Hazas) soña con converterse en actriz. E Adolfo (Carlos Sobera) decide cumprir o soño da súa “moza”. Para iso contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cine (Javier…