O Coro Cantabile, acompañado dunha selecta camerata instrumental, ofrécenos unha das obras máis representativas da produción relixiosa de W.A. Mozart. Unha obra vibrante, solemne e eminentemente coral que presentaron este verán en Viena e Altenburg (Austria), acadando un grande éxito entre o público austríaco. ‘A Misa da Coronación (Krönungsmesse)’ de Wolfgang Amadeus Mozart (KV 137)…











