Danza

Perro, de Daniel Abreu

DE FESTIVAIS: CORUFEST

 

Un traballo en solitario sobre a dualidade, os triunfos, as loitas internas e externas. O guerreiro e o manos. Un personaxe contra os observadores, a parede, e os seus propios medos, ao final é unha loita contra o aire. Un personaxe que se vai espindo ata quedar ante o observador coma un animal domesticado.

Todo nárrase nun escenario en principio baleiro e no que de momento só cabe unha persoa, non un personaxe, unha persoa que conta unha historia de persoas. Unha persoa que coma todas creouse a partires de accidentes físicos e emocionais.

Fundada en 2004, a Cía. Daniel Abreu sitúase como unha das máis salientables da escena nacional española. O traballo coreográfico de Daniel Abreu defínise no uso de ferramentas sinxelas da linguaxe interpretativa, a forza e a personalidade dos bailaríns, as paisaxes suxerentes que derivan na construción de imaxes de gran peso achegado e onírico e un sensible ambiente sonoro. As distinas traducións da imaxe escénica e un relato de gran peso poético, característica salientable en cada traballo, sustentan cada unha das creacións estreadas, con formato só ou grupal.

Premio Nacional de Danza 2014