Cine

Pringadas

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Tras coroarse no Festival Carballo Interplay como Mellor Proxecto de Webserie en Galego e ser seleccionada como finalista a Mellor Webserie Española no Festival Serielizados, Pringadas chega ao Teatro Colón para celebrar a súa candidatura aos Premios Mestre Mateo e pór o broche final a todo un ano de xira reivindicando os contidos xuvenís en galego.

Un evento único no que proxectaranse os tres episodios da serie e o público poderá disfrutar dun show de humor con Belén Puime Bao e Uxía Vázquez, un coloquio co cast e creadoras da serie e de música en vivo a cargo das creadoras da banda sonora e máis sorpresas.