Familiar
EVENTO INFANTIL INFANTIL

A nena que quería navegar

EN FAMILIA

A nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura, vaise encontrar co Xeadeiro, un ser máxico e vital que, a base de contos, adiviñas, xogos e cancións, lle vai devolver a autoestima perdida. Vaille aprender que, dentro de cada unha e cada un de nós, agóchase un ser máxico, único e especial e que só crendo nas nosas capacidades imos ser quen de conseguirmos todo o que nos propoñamos.

Compañía: Redrum Teatro.

Prezo: 6€ | Menores de 3 años: 2€ | Abono familiar para 3 personas: 15€
Duración: 00:50
Idioma: Galego

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 17 de Febreiro de 2019 | 19:00

FICHA ARTÍSTICA

Autores: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño Dirección: Alex Sampayo Intérpretes: Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio