Música

RESIS | BMMC: Deserts

BMMC NO COLÓN

 

Un ano máis, a Banda Municipal da Coruña participa dentro da programación oficial do Festival RESIS. Nesta ocasión ten como director invitado a José Trigueros, director asociado da Orquestra Sinfónica de Galicia, e como solista de percusión a Noè Rodrigo.

O programa do concerto inclúe 3 obras: a estrea da versión revisada da nova compositora ribadense CARME RODRÍGUEZ, A COVA SUMERXIDAem>, que se inspira na lenda popular da sirena Maruxaina; a estrea en España de PERCUSSION CONCERTOem>, do percusionista e compositor BRETT WILLIAM DIETZ, unha obra composta para percusión solista que consta de tres movementos moi diferentes entre si e de alto nivel emocional. E, por último, a obra que dá nome ao concerto, DÉSERTSem>, de EDGAR VARESE, unha das máis emblemáticas do compositor francés, que a define como un retrato “non só aos desertos físicos de area, mar, montañas e neve, senón tamén ao espazo interior de todos os desertos que a xente pode atravesar”.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 20 de Abril de 2023 | 20:00