Música

RESIS: BMMC

DE FESTIVAIS | RESIS FESTIVAL: AKRATA

 

Con el concerto AKRATA, a Banda Municipal da Coruña participará por primeira vez dentro de RESIS, dentro dos concertos homenaxe a Iannis Xenakis.

Akrata (1964/65) é unha obra para un conxunto de instrumentos de vento madeira e vento metal que leva ao extremo as posibilidades sonoras dos instrumentos: as diferentes intensidades, a emisión do son, a fricción das harmonías que utiliza Xenakis crean un mundo de superficies que, por momentos, fai que a música case poida verse.

Passacaglia (2022) é a primeira peza para banda composta polo compositor galego Miguel Matamoro. Esta peza é un encargo da Banda Municipal de Castelló. Por motivos sanitarios a súa interpretación viuse posposta na cidade valenciana, polo que acudimos neste concerto á súa estrea mundial.

Passacaglia, ou pasacalles, é unha peza de carácter marcial, con certos toques caricaturescos, cómicos e nalgúns momentos circenses. Un pequeno motivo moi rítmico será presentado polas trompas e irase repartindo polo grupo instrumental nun desenvolvemento scherzante que fai referencias en forma de escintileos a algúns dos folclores máis evidentes da tradición musical para Banda.

Completarán o programa as obras Lo Verger de l’amat (2016), de Xavier Galabert, para banda e electrónica; e Ressons do Xarq (2006), do compositor valenciano Voro García.

DIRECTOR: MARCEL ORTEGA Y MARTÍ.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 2 de Xuño de 2022 | 20:00