Concerto

ROSANA presenta “En la memoria de la piel”

Tras cinco anos de silencio, Rosana volve acaparar o protagonismo coa publicación dun novo álbum de estudio titulado “En la memoria de la piel”, un disco no que espalla enerxía, capacidade de comunicación, sedución e sensibilidade. O encanto das súas novas composicións, as súas melodías e os cambios de ritmo, e o seu magnífico tratamento, son un cóctel tentador ante o cal é imposible resistirse. É evidente que a mellor Rosana imaxinable volveu para conquistarnos.

“En la memoria de la piel” recorre a unha idea e un sentimento asociados a toda unha vida, aliados ás pequenas cousas que nos rodean e tamén a unha filosofía de vida. É crer que a pel vai máis aló de algo que nos envolve, que so sentes cando nos tocan ou aloumiñan. Polo menos iso supón a autora canaria, que engade “eu case nunca sei de que trata o que estou a compoñer até que o remato. Non son persoa de pensar o que vou facer coma se fora un exercicio de cálculo. Fágoo e despois intento darlle un sentido, como para responsabilizarme”.

 

Prezo: Antes de 10.04.2017 18€ (V.R.) / 22€ - A partir de 11.04.2017 20€ ( V.R.) / 25€
Duración: 90 Min.
Idioma: Castellano
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 21 de Abril de 2017 | 21:00

FICHA ARTÍSTICA

GUITARRA: DAVID PEDRAGOSA BAIXO: JAVIER QUILEZ. BATERÍA: JOAQUIN MIGALLON.  HAMMOND: ALVARO PEIRE.