Música

Roy Ellis

Ciclo Selección Noroeste

INAUGURACIÓN TEATRO COLÓN

Aos seus 72 anos, Roy Ellis -Mr. Symarip- é o artista jamaicano da súa xeración que máis actuacións ofrece en directo. Volveu aos escenarios en 2007 e, desde entón, non parou de traballar. Editou sete discos en tres continentes distintos e actuou en multitude de países por todo o mundo. A historia de Ellis, que cantou gospel desde que era un neno (prodixio), remóntase á década dos 60 do século pasado, cando participou -primeiro tocando o trombón, logo como compositor e cantante- no grupo Symarip (anteriormente coñecido como The Pyramids), aventura que duraría ata finais dos 80. Con Symarip, abandeirado da música ska, sumándose ao auxe do movemento skinhead en Gran Bretaña, Ellis editaría en 1969 Skinhead Moonstomp, un dos discos de reggae máis vendidos da historia, con máis de sete millóns de copias despachadas. Afincado en Suíza desde os 80, onde forxou unha carreira en solitario dentro do gospel e o soul, esta volta ao reggae supúxolle unha segunda mocidade que lle permitiu reencontrarse cos seus vellos seguidores e con novos entusiastas do xénero. Todos eles veneran a unha lenda viva da música popular.
 

 

 

Prezo: Gratis, previa retirada de invitacións



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 4 de Outubro de 2018 | 20:30