Teatro

Sé infiel y no mires con quién

TEATRO NO COLÓN

 

Luis é propietario dunha editorial de libros para nenas e nenos en horas baixas. O seu socio e amigo Álvaro, co que comparte oficina, pídelle que lle preste o seu apartamento pola noite para “entreter” a súa última conquista. Pero ao mesmo tempo Rocío, a muller de Álvaro, tamén lle solicitou o apartamento para esa mesma noite a Bea, a muller de Luis. Vaia leria de saias e pantalóns! Pero é que ademais ninguén sabe que Óscar, o deseñador de interiores que estivo decorando o elegante piso durante os últimos 3 meses e a súa amante, a empregada de fogar da casa, decidiron que esta mesma noite probarán a nova cama redonda. Cando os tres grupos de persoas coinciden a mesma noite no apartamento, esperando atopalo baleiro, prodúcese o caos. E no medio de todo ese barullo preséntaselle a Luis a oportunidade de relanzar a súa editorial nun escenario nada axeitado…

Prezo: 8€ | 11€ | 14€ | 18€
Duración: 90 minutos


DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 13 de Xuño de 2020 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

(Español) Reparto: Josema Yuste, Teté Delgado, Santiago Urrialde, Esther del Prado, Maribel Lara, Vicente Renovell, Celine Tyll, Kiko Ortega, Claudia Azcona.
Autor: John Chapman y Ray Cooney.
Coordinación: Jaime Azpilicueta.
Versión e dirección: Josema Yuste.