Música

Seso Durán + Banda + Convidadxs

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | SESO DURÁN: O SON DA MEMORIA

 

O Son da Memoria é un disco de rock folk escrito arredor do que aconteceu tras o golpe de xullo de 1936. Centrado nas vítimas, nos verdugos, nos lugares, no cable eléctrico que conecta pasado e presente; o disco está sendo presentado en espazos como Radio 3, Culturgal ou o Festival SinSal. Seso Durán preséntase cunha banda de 6 músicxs e, nesta ocasión, contará ademáis con convidadxs que participaron na gravación do disco como Carmen Rey, Javier Cedrón e Suso Iglesias, entre outrxs.

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 18 de Xuño de 2022 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

Seso Durán: voz e guitarras Banda
  • Sabela Cereijo: voz
  • Sandra Lima: voz
  • Pablo Prego: guitarra eléctrica
  • Paula Rego: batería
  • Xavier Vieitez: teclados
  • Iago Lorenzo: baixo
Convidadxs
  • Carmen Rey: voz
  • Ángeles Dorrio: voz
  • Javier Cedrón: violín
  • Antonio Domínguez: voz
  • Felix Cons: voz
  • Suso Iglesias: acordeón