Desfile

SETE VARAS, UN REFAIXO

Asociación Etnográfica Sete Espadelas

Esta mostra “Sete varas, un refaixo” trata de lle devolver o seu lugar ao traxe tradicional galego e de recuperar auténticas xoias do noso patrimonio que precisamos pór en valor.

A pasarela amosará máis de 45 traxes, todos eles antigos ou reproducións fidedignas, froito do estudo e investigación da asociación.

Poderase gozar, por primeira vez na cidade, dunha colección desta magnitude e nun marco incomparable, onde se amosarán traxes de garda ou cerimonia de Betanzos, Malpica, Leiro ou Santiago. Tamén traxes domingueiros de Carballedo, Abadín ou Vilasantar, e traxes de decotío de Pontedeume, a Limia ou A Pastoriza.