Música

Silvia Pérez Cruz | Toda la vida, un día

Empecei a compoñer este novo traballo o día 21 de marzo de 2020. Graveino durante un ano en varias cidades: Barcelona, Pontós, Madrid, Xerez, Buenos Aires, Coatepec (México) e A Habana . Durante a creación de Xénero imposible (2020-2022) Elena Córdoba ensinoume este precioso poema de William Carlos Williams que vertebrou ese espectáculo, este disco e a miña vida enteira. Ordenar a inmensidade flor a flor.

É un traballo que nace da soidade con vontade de unir soidades: de aí a contraposición da intimidade dunha voz e unha guitarra co coro.
O canto compartido, a disolución do eu, a salvación.
Gústame imaxinar que aquí o coro son todos vostedes. Cantemos.