Documental

Sitio distinto

Zirriborro Koop

Proxección e presentación musicada de Sitio distinto, unha longametraxe documental dirixida por Davide Cabaleiro. Sitio Distinto mostra as diferentes ondas migracionais desde Galicia. Unha viaxe que comezou hai xa 150 anos con destino ás minas de ferro, despois viría a pesca, a industria… ata chegar aos mozos galegos de hoxe en día que poboan a identidade vasca. Un camiño que uniu co tempo a dous pobos que comparten o ter dúas culturas e linguas minorizadas. Este documental é unha viaxe desde finais do século XIX ata a actualidade para entender por que chegaron os galegos a Euskal Herria. E, sobre todo, por que quedaron. E como esa decisión xerou que ambos os pobos se atopen e creen xuntos a nivel musical, literario, social e cultural. Como eses inmigrantes chegaron a un sitio distinto e como crearon barrios que acabaron por converterse en sitios distintos para autóctonos. Outra lingua, outros costumes, outra cultura que termina por atoparse coa cultura e lingua vasca.