Música

SYMPHONIC OF ABBA

Emociónate con una producción única en el mundo
De los creadores de Symphonic Rhapsody of QUEEN

O maior espectáculo sobre ABBA con:
• Unha Orquestra Sinfónica
• Unha gran banda de Rock, composta por músicos de prestixio internacional
• 4 cantantes internacionais
• Máis de 50 artistas sobre o escenario
¡NUNCA CREAS QUE XA O VICHES TODO!
O máis grandioso de ABBA

Un espectáculo impactante no que o espectador poderá pechar os ollos e trasladarse ao universo máis “Abba” que poida imaxinar. As mellores cancións de Abba interpretadas por un elenco de grandes e poderosas voces de primeiro nivel que, acompañadas pola One World Symphonic Orchestra e unha potente banda de rock formada por músicos internacionais que fixeron ou fan xiras por todo o mundo con artistas como Joe Cocker, George Michael, Chris Rea,etc, fusionarán as obras e os éxitos máis importantes da mítica banda sueca.
Un espectáculo co mellor de ABBA que promete conmover tanto aos seus máis fieis seguidores como aos seus novos adeptos, creando un emotivo ambiente de complicidade no que a música e a enerxía que flúe dende o escenario culminará cunha noite máxica e inesquecible.
O legado de ABBA foi entregado a numerosas xeracións. Catro voces diferenciadas e unha rock band de auténtico luxo uniranse para continuar a lenda e descubrir ou volver a gozar das súas mellores cancións, cunha prodixiosa fusión coa música clásica.
Symphonic of ABBA regresa con moitas ganas de emocionar e colmar os apetitos que a formación sueca deixou co paso do tempo, baixo o velo máis elegante e acorde para a música clásica. O espectáculo, ademais inclúe un amplo despregue técnico e escénico durante máis de dúas horas de show en vivo.

cartel_PEQ

Prezo: 34 € (VR) / 37 € / 40 €
Duración: 165 minutos (descanso incluido)

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 13 de Marzo de 2015 | 21:00