Musical

SYMPHONIC RHAPSODY OF QUEEN

Volve o espectáculo máis grandioso de Queen. Máis de 100.000 persoas xa o viviron!!
A nova xira internacional de Symphonic Rhapsody of Queen regresa con:
  • Novas cancións
  • Nova posta en escena
  • Orquestra sinfónica
  • Unha gran banda de rock composta por músicos de prestixio internacional
  • Máis de 40 artistas sobre o escenario
symphony_rapsody_queen
Prezo: 34 € (VR) / 37 € / 40 €
Duración: 130 minutos


DATAS E HORARIOS

  • Venres, 7 de Novembro de 2014 | 22:00

SINOPSE

Un espectáculo necesario para entender que, despois de QUEEN non existiu nada igual. A combinación máis impactante das melodías do mellor rock de Queen coa música clásica supón a entrada nun espazo que o público valora como distinto, atraínte, espectacular e incriblemente especial …

A ONE WORLD SYMPHONIC ORCHESTRA, xunto coa ROCK BAND, interpretarán os éxitos máis importantes da célebre banda inglesa. Máis de dúas horas de espectáculo nas que descubrir ou volver a gozar coas mellores cancións de QUEEN, cunha poderosa fusión entre o rock en estado puro e o xénero clásico.



FICHA ARTÍSTICA

CANTANTES. Tommy Heart (Fair Warning, Soul Doctor), Michelle McCain (BB King, Hank Jones), Patrick Lundström, Graciela Armendariz.