Comedia

TAXI, unha comedia de RAY COONEY

A comedia máis exitosa de Ray Cooney estreouse en 1983 no Shaftesbury Theatre representándose de forma ininterrumpida durante 12 anos no West End de Londres. O reparto chegou a cambiarse ata en 20 ocasións diferentes sendo interpretada polos cómicos máis populares de UK de cada momento. E de aí, o salto a Broadway chegando a contabilizarse máis de 500 producións en todo o mundo… de Estados Unidos e Canadá a Arxentina, de Corea e Islandia a Australia. A comedia foi traducida a 35 linguas… xaponés, chino, ruso, francés, alemán. Ray Cooney ademais de autor, foi director e produtor de máis de 30 comedias e musicais no West End londinense. Entre os seus múltiples éxitos destacan, ademais de Run for your wife (Taxi), Whose Life Is It Anyway? (premiada co Tony á produción de Broadway), Children of a Lesser God ou Pygmalion (con Peter O’Toole como protagonist). E segue escribindo e preparando os novos proxectos, actualmente está traballando no musical Twice Upon a Time.

DOSSIER

Prezo: 20 € (VR) / 22 €
Duración: 90 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 11 de Decembro de 2015 | 20:30
  • Sábado, 12 de Decembro de 2015 | 20:30

SINOPSE

O noso protagonista, taxista de profesión, é un aparente feliz home casado cunha vida tranquila e en certo modo monótona. Nada máis lonxe da realidade. Está casado con dúas mulleres e vivindo con cada unha nun barrio diferente. Iso obrígao a levar unha planificación de horarios moi estrita e a facer verdadeiros xogos malabares para poder contentar a ambas. Realmente está namorado das dúas e non desexa perder a ningunha delas. Todo o seu plan esvaécese cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito. Serán dúas persoas co mesmo nome ou unha mesma persoa cunha dobre vida? Iso é o que tratará de descubrir a policía... e el tentará agochar por todos os medios. Para iso contará coa inestimable axuda dun veciño moi ‘incómodo’...



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: JOSEMA YUSTE, ALFREDO CERNUDA, FELISUCO, ESTHER DEL PRADO, DIANA LÁZARO, JAVIER LOSÁN. AUTOR: RAY COONEY. ESCENOGRAFÍA: ANA GARAY. ILUMINACIÓN: CARLOS ALZUETA. REXEDURÍA: JORGE ABAD. TRANSPORTE DECORADOS: ESTEBAN SABROSO. FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO: JAVIER NAVAL. VERSIÓN E DIRECCIÓN: JOSEMA YUSTE E ALBERTO PAPA-FRAGOMÉN. UNHA PRODUCIÓN DE: COBRE PRODUCCIONES, OLYMPIA METROPOLITANA E NEARCO PRODUCCIONES.

IDIOMA: CASTELÁN