Gala lírica

Temporada Lírica | Gala de clausura con Ewa Plonka

TEMPORADA LÍRICA DE A CORUÑA 2024

 

A homenaxe a Puccini da Temporada Lírica finalizará o mesmo día no que finou o autor hai 100 anos: o 29 de novembro. Ese día o Teatro Colón acollerá a Gala de Clausura cunha selección de arias e obras orquestais de Puccini e protagonizada pola soprano Ewa Plonka, que actuará por primeira vez en Galicia.

A soprano polaca estaounidense ven de inaugurar a temporada como Tosca na Ópera de Dallas. Foi Lady Macbeth na produción de Barrie Kosky a Ópera de Zurich. Na Deutsche Oper Berlin debutou como Turandot; e no Teatro Nacional de Polonia: Wielki-Varsovia como Aida. O seu éxito máis actual en España foi co Turandot no Teatro Real, no 2023.


Ewa Plonka substitúe a Hui Hei, que cancelou a súa presenza na Tempada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña por motivos persoais. Á súa vez isto implicou a substitución na dirección da orquestra, que ía recaer na italiana Beatrice Venezi e que estará baixo a dirección de Gianluca Martinenghi, que tamén debuta na Coruña con esta gala de clausura.

Todas aquelas persoas, tanto socios como público xeneral, que o desexen poderán solicitar a devolución do importe da súa entrada. As entradas compradas nos despachos de billetes físicos ou nas oficinas da Asociación de Amigos da Ópera devolveranse unicamente no despacho de billetes da praza de Ourense, en horario de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas. O prazo de devolución será ata o xoves, 31 de outubro. Ataquilla contactará directamente con aqueles espectadores que compraron as súas entradas a través de ataquilla.com.

Prezo: 25€ | 35€ | 45€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 29 de Novembro de 2024 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

G. PUCCINI
  • Manon Lescaut: Intermezzo
  • La Boheme: “Donde lieta usci”
  • Le Villi: La Tregenda “Intermezzo”
  • Gianni Schircchi: “O mio babbino caro”
  • La Boheme: “Quando me’n vo”
  • Crisantemi
  • Manon Lescaut: “Sola, perduta, abbandonata”
  • Madame Butterfly: “Un bel di vendremo”
  • Madame Butterfly: Intermezzo
  • Suor Angelica: “Senza mamma”
  • Tosca: “Vissi d´arte”