Prezo: 38€ | 42€ | 55€ | 59€
DATAS E HORARIOS
- Xoves, 11 de Febreiro de 2027 | 20:00
- Venres, 12 de Febreiro de 2027 | 17:00
- Venres, 12 de Febreiro de 2027 | 21:00
- Sábado, 13 de Febreiro de 2027 | 17:00
- Sábado, 13 de Febreiro de 2027 | 21:00
- Domingo, 14 de Febreiro de 2027 | 16:30
- Domingo, 14 de Febreiro de 2027 | 20:30

The Book of Mormon
A risa chama á túa porta
O musical máis atrevido, salvaxe e divertido
Despois de tres tempadas de éxito, máis de 1.000 funcións en Madrid e máis de 600.000 espectadores cativados, The Book of Mormon O Musical emprende a súa xira estatal.
Na súa primeira tempada, The Book of Mormon foi elixido Mellor Musical nos Premios Talía, nos Broadway World e nos Premios del Teatro Musical. Ata a data, ningún outro musical recibira un recoñecemento tan unánime nos tres premios que outorgan cada ano o sector, a crítica e o público.
Dos creadores de South Park —Trey Parker e Matt Stone— e de Robert Lopez, compositor de grandes éxitos como Coco e Frozen, The Book of Mormon é a cita imprescindible para os amantes dos grandes musicais.
Cunha banda sonora maxistral e un altísimo nivel de interpretación e danza, The Book of Mormon é un dos musicais máis sorprendentes e divertidos ata a data.
Considerado «o musical máis atrevido, salvaxe e divertido ata a data», «o mellor musical do século», «unha noite de gargalladas sen paliativos» ou «indecentemente divertido», The Book of Mormon non deixará ninguén indiferente.
Esta gran comedia musical é un dos poucos títulos que tamén se poden desfrutar actualmente en Broadway e en Londres. E agora tamén se poderá ver nas principais cidades de España da man de ATG Entertainment, produtora líder de musicais en España, con grandes éxitos como Matilda, Priscilla, West Side Story, Billy Elliot, Sonrisas y Lágrimas, Grease, Wicked, Los Miserables ou MAMMA MIA!, coa que comparte equipo creativo.
Vive unha experiencia teatral inesquecible con The Book of Mormon.