Familiar

La Trócola Circ – Emportats

EN FAMILIA

Premio FETEN 2018 (Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas)

La Trócola Circ é unha compañía de circo cuxas producións se fundamentan na investigación con obxectos. Desde unha clara aposta pola innovación, exploran e poñen en escena diversas linguaxes.

Nos últimos anos, La Trócola Circ realizou numerosas funcións coa súa primeira creación: Potted, espectáculo que os deu a coñecer e que representaron en espazos importantes e festivais nacionais e internacionais como: Umore Azoka, Fira Tàrrega, Fetén, Mostra d’Igualada, FIT Vilareal, Freiburg Kulturboerse e Paderborn Kulturboerse, Trapezi, Sagunt a Escena, Kalerki ou A Bisbal d’Empordà, Teatro Chapí, Teatro Principal de Victoria, Teatro Principal de Alicante, Teatro Rialto e Teatro Jovellanos, entre outros.

Tras este período, sentindo a necesidade de abordar distintas linguaxes, La Trócola Circ aventúrase nunha segunda produción e nace Emportats.

A intención da compañía é continuar co seu selo, mostrando un espectáculo de alto nivel técnico, en que se coida até o máis mínimo detalle para sorprender e cativar o/a espectador/a.

Prezo: 6€ | Menores de 3 años: 2€ | Abono familiar para tres personas: 15€



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 24 de Marzo de 2019 | 18:00