Música

Ugia Pedreira: A Pedreira

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A Pedreira é a nova proposta escénica da artista Ugia Pedreira. É un espectáculo que acredita na música como unha arte escénica. Guitarra en mao pasa por múltiples misturas sonoras, desde unha dama vintage do blues da galeguidade á cantautora de numen folk americano, ou latinoamericano, unha rapera trad ou unha sofisticada pandereteira galega con reminiscencias africanas.

A Pedreira é o proxecto en solitario de Ugia, desta vez para ela soa. Acompañada de guita-rra, pandeireta e o seu corpo móbil incorpora, nalgúns momentos, ao músico bretón Pierre-Yves Rougier con quen comparte vida, visión e común pensar sobre o feito musical.

Prezo: De balde con convite.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 18 de Decembro de 2020 | 20:00