Danza

Vinte en Donaire

A Asociación Cultural Donaire presenta Vinte en Donaire como oitavo espectáculo anual Dálle Donaire. Nesta ocasión é especial porque serve de punto central de celebración dos 20 anos da asociación. Con isto haberá un repaso polas historias, músicas e bailes deses anos de traballo incansable a prol da recuperación e difusión da cultura propia.

Unha cita na que participarán os distintos grupos que conforman a numerosa escola da asociación, dende pequenas a maiores que darán conta do estado de forma de Donaire ao chegar aos seus vinte anos.


DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 20 de Xuño de 2020 | 18:30