Familiar

X O Berce de Donaire – Festival Infantil de Música e Baile Tradicionais

EN FAMILIA

 

Estamos xa na décima edición de O Berce de Donaire, o festival infantil que organiza a A.C. Donaire, idea que nace pola inquedanza de que as cativas e cativos teñan tamén o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas asociacións, e poidan ser os verdadeiros protagonistas dun espectáculo dinámico, divertido e de calidade.

Durante as anteriores edicións visitáronnos moitos grupos de gran parte da xeografía galega e agardamos que poidamos seguir gozando moitos anos máis do saber facer e a espontaneidade de centos de nenas e nenos.

Prezo: 4€



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 5 de Maio de 2019 | 18:00