Música

XULLO POP! Garza

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN | XULLO POP!: INTERFERENCIAS

 

Garza é o proxecto de música electrónica formado por Adrián Charlín, músico que dedicado durante anos á batería sendo membro de bandas do panorama alternativo galego decide comezar unha viaxe ao mundo da música electrónica como produtor. A súa música combina diferentes estilos, dende o experimental e escuro ate a música de clube máis transitable. Os estilos mais recorrentes son o ambient, deep, trip-hop, Idm, etc.

En calquera caso, Garza trata de crear unha música de atmósferas que xogan constantemente coas intensidades.

Outra importante razón de ser do proxecto é o directo: un concerto no que utiliza baterías, teclados e sintetizadores, compoñendo un espectáculo moi atractivo a nivel sonoro e visual, con proxeccións de Xoan Tourís e do propio Garza, incitando á audiencia a mergullarse nunha viaxe de emocións.

 

  • Adrian Charlin fernández
  • Matías Unruh Piñeiro
  • Xoan Tourís Dopico
  • Marta de Soto Paz
  • Cecilia Burillo Glez
  • Rosalía Fernández Rial