Familiar

A Gramola Gominola

EN FAMILIA

ESTRENO DE “BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ”

A Gramola Gominola, flamantes gañadores do Premio Marín Códax da Música 2018, confírmanse como a mellor banda de rock infantil do momento.

A Gramola Gominola presenta o seu novo traballo de música infantil “BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ”.

Este espectáculo de auténtico Rock&Roll pon en valor ás Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes.

As súas protagonistas están cheas de aventuras. A Megatronca, a Lebre Chouteira, a Superlingua, Paz, a Banda Pica Pica e moitas máis empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións.

Un concerto rockeiro co público en pé e cornos en man!

Estas son as BRAVAS, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo.