GRUPO DE INVESTIGACIÓN – javiermartín_artesdomovemento

GRUPO DE INVESTIGACIÓN javiermartin_artesmovimiento | TEATRO COLÓN A Coruña

días1ªconvocatoria: martes 15 de setembro ás 20:30h no Teatro Colón c/Avda. de La Marina, nº7A. 15001 – A Coruña (duración: arredor dunha hora). 2ª convocatoria: mércores 23 de setembro ás 20:30h no estudio de javiermartín c/ capitán troncoso 16, 1º. 15001 – A Coruña (pleno centro).

Construirase un GRUPO de INVESTIGACIÓN en ARTES DO MOVEMENTO na Coruña que acompañe o novo proceso de creación de javiermartín. O Teatro Colón estuda con este tipo de iniciativas, novos modos de colaboración no desenvolvemento de prácticas que vaian máis aló da exhibición.

Esta dinámica de traballo terá lugar dende setembro ata a súa presentación en primavera, intervindo con toda unha serie de prácticas que atendan á construción dunha contorna intelectual e sensible para o desenvolvemento das artes do movemento, provocando expansións con outros centros públicos e privados do entorno, e o acompañamento do seu actual proxecto coreográfico. (https://vimeo.com/137825730).

O obxectivo deste grupo será intervir e soster o proceso de investigación poñendo a proba os límites da creación, aprender do mesmo situando tales contidos nos seus propios procesos, e involucrar á súa contorna nas vicisitudes do traballo escénico co afán de construír un contexto cultural máis interesante para todos. Isto pasará por, propoñemos: 2 ou 3 encontros para a discusión da dramaturxia da obra, no estudio do artista (dende finais de setembro) e outras instalacións (xaneiro); a realización de sesións de traballo en escenario para entrar en contacto coa praxe do movementos e as súas texturas dende o corpo (outubro, decembro e febreiro); a visita ao traballo técnico e ensaios abertos; e finalmente convidarase ao grupo á presentación do espectáculo a finais de primavera de 2016 na Coruña.

Están convocados todos aqueles que teñan a intención tanto de dedicarse ao mundo da arte en calquera das súas vertentes, como de desenvolver a súa creatividade dun xeito máis amplo; o número de prazas será de 15/20 persoas; e traballarase en dinámica de grupo, é dicir, entre todos decidiremos datas, horarios, como nomearnos e as sucesivas derivas do traballo. Toda a dinámica será de balde para os asistentes (Requírese dun compromiso de traballo e asistencia ao longo da dinámica).

+info grupohttps://www.dropbox.com/s/ua3nmclpv3o32gu/javiermartin_artesmovimiento.pdf

javiermartin.derviche@gmail.com | facebook: derviche atómico | tlf: 629163528

Ponte en contacto para apuntarte ás reunións informativas, 1ª ou 2ª convocatoria.

www.javiermartín.com