History of Rock e Coro Cantabile traen esta fin de semana as súas propostas ao Teatro Colón

  • O xoves 20 de outubro ás 20:30 horas péchase esta quinta edición da Mostra de Teatro Afeccionado coa obra ‘Irene Mediluce’ do grupo de teatro do IES María Casares

Este venres 21 ás 20.30 horas os afeccionados do xénero poderán volver a gozar do espectáculo History of Rock, un repaso pola historia do rock and roll dende os seus inicios na década dos 50 ate os nosos días. E o sábado 22 ás 20:30 horas o Coro Cantabile dará un concerto de música sacra no que interpretará, entre outras pezas, a Misa da Coroación de Mozart.

History of Rock é un impactante espectáculo no que se revisan os máis grandes temas do rock e que está interpretado por artistas e músicos de primeiro nivel. Un elenco de extraordinarias voces que estarán acompañadas sobre o escenario por unha potente banda de rock, formada por músicos internacionais que teñen traballado con bandas como Simple Minds, Joe Cocker, George Michael ou Chris Rea, entre outros.

Remata a V edición da Mostra de Teatro Afeccionado

O xoves 20 ás 20:30 horas o grupo de teatro do IES María Casares pecha esta edición da Mostra de Teatro Afeccionado coa representación da obra ‘Irene Mediluce’, unha proposta que xira en torno ao maltrato e que dirixen Ramiro Neira e Luis Esmorís.

Irene_Mendiluce_IMAXE

O grupo do IES María Casares, con máis de 15 anos de vida, basea a súa formación nunha metodoloxía centrada no xogo, como medio para chegar á comprensión dos conceptos artísticos de xeito lúdico e atractivo.