Joglars fai en ‘VIP’ unha aceda crítica da educación dos fillos na sociedade actual

Este venres 6 de maio a compañía Joglars capitaneada por Ramon Fontserè presenta ‘VIP’, unha montaxe que xira en torno á educación dos fillos na sociedade actual. O sábado 7 ás 20:30 horas poderemos gozar da música dos sesenta e setenta co espectáculo Guateque Ye-Ye.

Joglars aborda no seu último espectáculo a educación e relación dos adultos cos nenos, ‘en la sociedad actual nos parece que el niño ha alcanzado el máximo privilegio haciéndolo equiparable al trato que recibe una VeryImportantPerson (VIP)’, afirma Fontserè –director e actor da montaxe-. Estará acompañado sobre o escenario por Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xavi Sais e Xevi Vilà.

Unha actitude ben intencionada dos pais acaba tendo o efecto contrario e aos poucos vai convertendo ao neno nun ser intratable con delirios de tirano. ‘VIP’, presentado en forma de ceremonial pretende facer unha reflexión sobre o xeito no que a sociedade actual trata aos seus fillos.

t_vip_276

A obra é unha crítica audaz, aceda e irónica que pon un espello diante dos pais para sinalar a sobreprotección e como esta educación mal entendida converte aos nenos en seres case intratables que tiranizan a pais e profesores. A compañía catalá volve con este espectáculo ás súas orixes, á crítica que sacude e que contribúe ao espertar da sociedade. O propio Fontserè e Martina Cabanas asinan unha dramaturxia chea de recursos cos que mostrar hilarantes situacións que van dende a preparación ao parto, o nacemento ou a escola.

Viaxe aos sesenta da man de Helena Bianco

O sábado 7 ás 20:30 horas Helena Bianco protagoniza xunto a Alberto Vázquez, Alfonso Pahino, Enrique Sequero e Lara Chaves o espectáculo ‘Guateque Ye-Ye’, unha viaxe a través da música da nosa vida que repasará os temas españois más relevantes de las décadas de los sesenta y los setenta.