Julio Suárez & The Backyards pechan a primeira edición do ciclo Xoves de Música

A banda de rock alternativo Julio Suárez & The Backyards pecha este xoves 17 a primeira edición do ciclo Xoves de Música patrocinado por Super Bock Negra Sin e Gadis. O ciclo iniciouse en novembro e con el tratamos de ofrecer aos grupos locais unha plataforma para dar a coñecer o seu traballo. A programación desta semana complétase co concerto Symphonic of Pink Floyd o venres 15 ás 20:30 horas, o espectáculo ‘Hay un Wismichu en mí’ o sábado 16 ás 12:00 e ás 17:30 horas e a montaxe de Talía Teatro ‘Pelos na Lingua’ o domingo 17 ás 20:00 horas.

A banda de Julio Suárez está composta por el mesmo á voz e guitarras, Fran Borrego, ás guitarras, Anxo Seco ao órgano Hammond, pianos e sintetizadores, Andrés Saavedra ao baixo e Guillermo Borrego á batería e percusións. O seu nome convídanos a coñecer un traballo que sorprende, coma eses ‘backyards’ ou patios traseiros, lugares nos que para o grupo ‘ocorren as cousas que pagan a pena’.

Unha banda de rock alternativo de evidentes influencias americanas, con raíces que se poderían remontar a Lynyrd Skynyrd ou Neil Young. Sorprenderannos cun son propio no que destaca o particular e envolvente xeito de executar sobriamente os seus potentes arranxos. Posúen ademais un constante afán anovador e a melancólica voz de Julio Suárez interpretando unhas letras escritas con esmero e precisión.

Humor arredor do idioma para pechar a semana

Talía Teatro pecha a programación desta semana coa obra ‘Pelos na Lingua’, que poñerán en escena o domingo 17 ás 20:00 horas. Dirixida por Avelino González e interpretada por Toño Casais, María Ordoñez e Artur Trillo a montaxe e un divertido collage que fala en clave positiva da situación crítica que está a vivir a lingua galega. A comedia pode considerarse a segunda parte da obra ‘Bicos con Lingua’, pero non se trata dunha continuación da liña argumental, senón que se traballa o mesmo tema, coa mesma estrutura, aínda que cun enfoque distinto.

Pelo_PEQ

O concerto Symphonic of Pink Floyd subirá ao escenario o venres 15 á World Symphonic Orchestra e a unha potente rock band formada por músicos que xirán por todo o mundo con artistas como Simple Minds, George Michael, Chris Rea ou Mike Oldfield. O sábado 16 o youtuber Wismichu presenta ‘Hay un Wismichu en mí’, o seu primeiro espectáculo en solitario.