Portada_TW_5yaccion_Luppo_AF

Marta Hazas, Javier Veiga e Carlos Sobera protagonizan a comedia ‘5 y acción’

Chega ao Teatro Colón a comedia de Javier Veiga ‘5 y acción’. Protagonizada por el mesmo xunto a Carlos Sobera, Marta Hazas, Marta Belenguer e Ana Rayo, a obra poderá verse o venres 5 e o sábado 6 ás 20:30 horas. O domingo 7 ás 18:00 horas o público familiar ten unha cita con ‘Luppo’ de Baobab Teatro, que se alzou co Premio ao Mellor Espectáculo para Público Infantil e Familiar na 18ª Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo.

Javier Veiga é o autor e director da comedia romántica ‘5 y acción’. Baixo a aparencia dunha comedia de enredo clásica, Veiga agocha unha ácida sátira sobre o mundo do cine e da televisión e sobre as ansias por acadar a fama a calquera prezo. Na posta en escena unha gran pantalla como fondo do escenario reproduce anacos  das películas que están rodando os personaxes, nesas proxeccións interveñen actores como Enrique San Francisco, Jorge Sanz, Millán Salcedo, Enrique Villén, El Langui ou Jimmy Castro.

5_y_accion_4

‘No es una historia endogámica sobre el mundo del cine. ‘5 y acción’ habla de los sueños frustrados y de los frustrados sin sueños. De los desengaños por amor y de los engaños por desamor’. Así define Javier Veiga esta montaxe na que Marta Hazas (‘Velvet’, ‘Gran Hotel’ ou El Hormiguero) interpreta a unha inocente presentadora da sección do tempo dun telexornal que soña con converterse en actriz. A moza mantén unha relación co presidente do canal televisivo, interpretado por Carlos Sobera (50 por 15 ¿Quiere ser millonario? ou First Dates). El decide cumprir o soño da súa amante e contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cine (Javier Veiga). Todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén.

 Un marabillosa proposta para o público familiar

O domingo 7 de maio ás 18:00 horas a compañía Baobab Teatro presenta ‘Luppo’, unha montaxe para público familiar que foi candidata aos Premios Max de Teatro 2016 na categoría de Mellor Autoría Teatral. Obtivo, ademais, o selo R de espectáculo recomendado que outorga La Red de Teatros e o Premio ao mellor espectáculo para público infantil e familiar na Feria de Teatro Castilla y León Ciudad Rodrigo.

Recomendado para nenos a partir de catro anos e adultos que queiran gozar coma nenos, ‘Luppo’ é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego ás persoas que nos rodean – en particular aos nosos maiores-, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida. A escenografía, o atrezzo e os monicreques están construídos integramente en cartón. Un material cotiá e sinxelo que define un espazo –que como a historia do protagonista- é cálido, acolledor e familiar.