O musical ‘Rocking’ será substituído pola comedia ‘¡Madre mía! ¡Como está España!’ de Moncho Borrajo.

O musical ‘Rocking’ será substituído pola comedia ‘¡Madre mía! ¡Como está España!’ de Moncho Borrajo.

Por motivos alleos ao Teatro Colón e debido a unha reestructuración na xira de Rocking, posponse a representación deste espectáculo. No seu lugar, o vindeiro sábado 1 de outubro ás 20.30h, Moncho Borrajo estreará o seu novo espectáculo: ¡Madre Mía! ¡Como está España! .

Aquelas persoas que adquirisen entradas para ver ‘Rocking’ poden solicitar no prazo dun mes a devolución do importe pola mesma canle pola que se efectuou a compra.

‘Madre mía! Como está España!’ é unha comedia na que Moncho Borrajo volve ser Moncho Borrajo. É dicir que retoma os seus principios e é o Moncho improvisador, pallaso, tenro, deslenguado, ácido, cariñoso, politicamente incorrecto, cantante….

Ese Moncho que cumpre o ano que vén 45 anos no mundo do espectáculo. Só iso e todo iso. Moncho Borrajo sacou os sorrisos a millóns de españois e nos tempos que corren, nunca foi máis necesario velo en directo e deixarse levar, porque como dixo un crítico unha vez.” Moncho Borrajo é un manipulador de sensacións”