O PROGRAMA PLATEA E UN PREMIO PULITZER ABREN A TEMPADA DE OUTONO

O venres 12 de setembro, sobre o escenario, unha produción do centro dramático nacional, Atlas de Xeografía Humana.

Opcións para todos os públicos no mes de setembro.
Teatro, humor, música en familia e cabaré son as propostas para o mes de setembro. O venres 12, o programa platea volve ao colón con Atlas de geografía humana. Un texto de Almudena Grandes producido polo centro dramático nacional. O xoves 18 e venres 19 continúa o teatro cunha obra de Donald Margulies, Cena con amigos, texto co que gañou o premio Pulitzer de drama no ano dous mil. Unha versión e dirección do arxentino Daniel Veronese
O sábado 20, con dobre pase, volve Goyo Jiménez ao teatro colón co seu novo monólogo, Evoluzion, para maiores de 12 anos. O domingo 21 volverá a programación infantil. Que vivan os nenos!, un musical dunha compañía de Ferrol,a guagua, no que todos os personaxes farán deste un espectáculo inesquecible para a familia.

 

 

 

 

Por último, dende o mércores 24 e ata o domingo 28 terá lugar o 8º festival galego de cabaré. Unha gala de inauguración conducida por Cristina Moreira e Nelson Quinteiro abrirá o festival. O xoves 25, o colectivo femme fatale, inspirándose na linguaxe de Won Kar Wai, representará Babel. Canto de Sereas. A tuerka 27 organiza a gala benéfica do venres 26, Con Martín a Río 2016!, a finalidade non é outra que apoiar a carreira deste deportista galego.

A tarde do sábado 27 dedicarase a un espectáculo enfiado polo Colectivo Femme Fatale. Un maratón de cabaré, música en directo, comedia e monólogos. Pecha este festival Máxico Circus Cabaré, un espectáculo de maxia, comedia e humor apto para toda a familia, o domingo 28 ás seis da tarde.