Oferta especial Día Internacional do Teatro

Mañá, venres 27 de marzo, celebramos o Día Internacional do Teatro. Con este motivo lanzamos unha oferta para que goces da próxima proposta teatral (‘Mujeres como Yo’) cun 20 % de desconto. Esta oferta só se aplicará no despacho de billetes do Teatro Colón.

Mujeres como Yo’ da compañía catalana T de Teatre poderá verse no Teatro Colón o venres 10 e o sábado 11 de abril ás 20:30 horas. Pau Miró dirixe ás actrices Mamen Duch, Marta Pérez, Carme Pla e Montse Germán nesta obra na que unha muller que se achega aos 50 sae da súa casa e decide non volver…

Se che gusta o teatro aproveita esta oferta. Compra as túas entradas para ‘Mujeres como Yo’ mañá no despacho de billetes do Teatro Colón e obtén un 20 % de desconto.