OS ALUMNOS DO TALLER DE ARTE DRAMÁTICA AMOSAN O SEU TRABALLO

Os alumnos do Taller de Arte Dramática, patrocinado pola Deputación de A Coruña, presentarán os seus traballos no Teatro Colón durante a primeira semana de decembro. Todas as funcións son gratuítas e as entradas poden recollerse no despacho de billetes do Teatro Colón.
As actividades do Taller de Arte Dramático abertas a público comezan o luns 1 ás 20:30 horas coa representación de ‘4’ Escolma de Fragmentos da obra de Xoán Carlos Mejuto, que poderá verse tamén o martes 2 e o mércores 3 ás 20:30 horas. ‘4’ é un espectáculo creado a partir dunha escolma de fragmentos da obra do dramaturgo galego Xoán Carlos Mejuto e que xorde dun traballo colectivo. Tratase dunha proposta complexa xa que non parte dunha peza teatral única senón dunha selección de varios textos do mesmo autor.

FLYER
O propio Xoán Carlos Mejuto, xunto a Santiago Cortegoso e Rubén Ruibal, participará o xoves 4 de decembro ás 20.30 horas nunha mesa redonda na que se analizará a dramaturxia galega. As actividades do Taller de Arte Dramática abertas a público complétanse cun recital poético e un concerto. O recital poético, dirixido por Inés Cuadrado e con Nani García ao piano, terá lugar o venres 5 de decembro ás 20:30 horas. O repertorio deste concerto poético está integrado por obras de Luisa Villalta, Eva Veiga, Xulio Valcarcel, Chisco Fernández Naval, Lus Pozo, Olga Novo, Miguel Anxo Fernán Vello ou Lois Pereiro entre outros. Os textos poéticos soan acompañados da improvisación ao piano de Nani García, incorporando así a poesía ao cotiá das nosas vidas. As actividades rematan o sábado 6 ás 20:30 horas co concerto ‘Dualidades’, no que o pianista Nani García estará acompañado do violonchelista galego Simón García.