Teatro Meridional presenta unha conmovedora montaxe sobre a violencia en Oriente Medio

A compañía Teatro Meridional presenta este venres 15 ‘Los esclavos de mis esclavos’, unha montaxe dirixida por Álvaro Lavín que xira en torno á violencia en Oriente Medio. Pero durante esta semana haberá tamén tempo para a música, o cine a danza, o xoves 14 Néstor Pardo presenta o seu novo traballo ‘Siento no haber sido lo esperado’, o sábado 16 acollemos a proxección de ‘Moulin Rouge’ en versión Sing-Along e o domingo 17 o ballet de Victor Ullate presenta ‘El Amor Brujo’.

Los_esclavos_2

Despois da súa estrea na pasada edición do FIOT de Carballo Teatro Meridional chega á Coruña coa súa última montaxe ‘Los esclavos de mis esclavos’, unha ollada cara Oriente Medio. Teatro Meridional volve apostar por contar historias universais a través de microcosmos, e invítanos a reflexionar sobre o encerro, a falta de información e as diferenzas políticas e persoais amosándonos un prolongado secuestro. Rober, Ismail e Anik, cooperantes europeos e Amina, muller talibán, son os catro protagonistas desta historia que nos deixa ver a trama xeopolítica na que están inmersos. Os catro van superando ás crises diarias grazas á súa decisión, sentido común, humor, rabia, segredos, comunicación e sorte.

MG_2216

Para elaborar este fantástico texto Julio Salvatierra tomou como fontes escritos de reféns reais como ‘An evil cradling’ de Brian Keenan –profesor irlandés que estivo catro anos e medio en poder de integristas chiíes en Líbano- ou ‘Captive’ de Jere Van Dyk –xornalista americano secuestrado durante dous meses-, tomou tamén como referencia diversas noticias e artigos sen perder nunca de vista a dramaturxia, ‘el texto lo he escrito pensando en el teatro, en ofrecer un rico material al actor y complicidad con el público’ afirma.

Néstor Pardo e Victor Ullate Ballet

O xoves 14 o músico coruñés Néstor Pardo presenta –dentro do ciclo Xoves de Música patrocinado por Superbock Negra Sin e Gadis- o seu último traballo discográfio ‘Siento no haber sido lo esperado’. Nesta nova aventura estará acompañado por Miguel Martínez no contrabaixo, Alberto Dopico na batería e Alejandro González no piano e coros. Sorprenderanos coas súas novas cancións, pero haberá tempo tamén para recordar traballos anteriores.

image

O domingo 17 ás 20:00 horas os amantes da danza teñen unha cita co Victor Ullate Ballet. A compañía recupera ‘El Amor Brujo’, peza que Ullate estreou en 1994. A obra, escrita por Falla a comezos do século XX, afonda no misticismo xitano, achegándose ao amor na súa forma máis primitiva e esencial. Unha historia de amor e paixón, de bágoas e desconsolo, de bruxería e sedución, de morte e de danza.

amor-brujo3@stephenmartinez[1]