Música

Eidos, con Isabel Dobarro

A música clásica reinvéntase en Eidos, un espectáculo que combina interpretación musical de alto nivel con elementos audiovisuais e unha posta en escena innovadora, creando unha experiencia cultural única e accesible.

Nesta ocasión contará coa pianista Isabel Dobarro, unha das artistas galegas con maior proxección internacional e gañadora do Latin Grammy ao mellor álbum de música clásica 2025 polo seu disco Kaleidoscope, no que interpreta composicións de 12 compositoras de todo o mundo.

Unha proposta que une tradición e vangarda para achegar a música clásica a novos públicos.