Musical

50 SOMBRAS! EL MUSICAL, que no te cuenten películas

50 SOMBRAS! EL MUSICAL é unha comedia orixinal da novela erótica actual máis influínte: 50 sombras de Grey. Con máis de 60 millóns de copias de libros vendidas en todo o mundo esta triloxía é, sen dúbida, a historia de amor? e sexo que máis deu que falar en moito tempo.

O que se conta no libro xa todos o sabemos … pero como o viviron os fogosos lectores e lectoras que andan repartidos por todo o mundo?

En 50 Sombras! El Musical, vivirás, ou mellor dito, revivirás todas esas sensacións, pensamentos e esa paixón desenfreada …

Un espectáculo con divertidos números musicais, esposas, moito coiro e sen pelos na lingua … Ou con eles! Onde non faltarán as escenas máis subidas de ton pero baixo a particular e divertida visión das nosas amigas do club de lectura.

50 SOMBRAS! EL MUSICAL xa foi estreada en Estados Unidos, Alemaña, Holanda e Francia cun grandísimo éxito de crítica e público e agora, por fin, está en España. Fixo tempada de seis meses no Teatro Nuevo Apolo de Madrid con máis de 30.000 entradas vendidas.

DOSSIER

Prezo: ANTES 26/07/2015: 21,6 €/25,20 €/28,80 €. A PARTIR DE 27/07/2015: 24 €/28 €/32 €
Duración: 105 minutos

Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 4 de Setembro de 2015 | 20:30
  • Sábado, 5 de Setembro de 2015 | 18:30
  • Sábado, 5 de Setembro de 2015 | 21:30

SINOPSE

(Español)

Pam, Carol e Bea forman un club de lectura; Pam, a anfitrioa do club, decide levar a unha das súas reunións ’50 sombras de Grey’. Ela ten unha mentalidade aberta e goza, xunto a Bea, das escenas máis quentes do libro. Carol debido á súa situación persoal é a máis reticente de todas, acaba de separarse do seu marido e cústalle atopar a súa propia Deusa Interior...

Mentres len o libro, da imaxinación de cada unha brotan distintas esceniñas ... si, si... ‘esas esceniñas’... pero aderezadas coa visión particular de cada unha delas sobre as figuras de Anastasia Steel, Christian Grey, Kate, José, Elliot...



FICHA ARTÍSTICA

(Español)

DIRECCIÓN: JESÚS SANZ-SEBASTIÁN. DIRECCIÓN MUSICAL: GUILLERMO GONZÁLEZ. COREOGRAFÍAS: YOLANDA TOROSÍO. REPARTO: MIGUEL RAMIRO, TERESA ABARCA, MARÍA BLANCO, ÁNGEL PADILLA, Mª JOSÉ SANTOS, CELIA VERGARA, EVA MANJÓN, SERGIO ARCE. MÚSICOS: IÑAKI QUIJANO, JOSEMI SÁNCHEZ, DAVID HYAM.

IDIOMA: CASTELÁN